Funespaña reunirase cos portavoces municipais e afectados polo crematorio de San Amaro
Por Redacción
O mércores 7 de outubro terá lugar unha xuntanza entre os portavoces dos grupos municipais do Concello de Pontevedra co subdirector de Funespaña, José Vicente Aparicio.
Esta xuntanza xurde da iniciativa aprobada na xunta de portavoces de manter un encontro cos directivos de Funespaña para mediar na posibilidade de buscar un emprazamento alternativo ao crematorio que ten previsto instalar en San Amaro, que conta coa oposición dos veciños pola proximidade as vivendas.
O grupo municipal de Marea exerceu de promotor desta xuntanza con coñecemento do resto dos grupos. Á mesma xa están confirmados todos os portavoces da oposición e cursarán invitación tamén ao grupo de goberno para que estea presente. Á xuntanza tamén asistirá unha representación dos veciños afectados.
Marea Pontevedra espera que a xuntanza sirva para darlle unha "saída satisfactoria" para todas as persoas afectadas e lembra que "situacións de indefensión como estas ocorren precisamente por non contar cun PXOM que planifique o crecemento e o ordenamento urbanístico da cidade".
Relacionadas:
-
O Concello descarta unha permuta con Funespaña e acusa á Xunta de "marear" co informe ambiental
Por Alejandro Espiño |
-
Funespaña segue adiante co seu proxecto para San Amaro pero estudará alternativas "si nos las presentan"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Funespaña confía en poder construir o crematorio en 2015
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |