Ence mellora folgadamente as normas medioambientais da Unión Europea, as máis esixentes do mundo
Carta de Ence aos cidadáns de Pontevedra (IV)
- Os principais parámetros de calidade do efluente líquido melloraron ata un 25% no mesmo periodo e melloran ata nun 80% as normas da UE.
- A Declaración Ambiental 2014 de Ence, auditada por Aenor, avala as teses de que dende Pontevedra pódese crear un exemplo industrial global de sostibilidade e xeración de riqueza na industria madeireira.
En Ence non compartimos a idea de que dende Pontevedra non podemos crear un exemplo de sostibilidade na industria madeireira global. Por iso seguimos traballando para demostrar que é posible. E estámolo conseguindo.
Os indicadores de xestión ambiental de Ence Pontevedra continuaron mellorando en 2014 e volven demostrar que superan folgadamente as normas medioambientais da Unión Europea, as máis esixentes do mundo. En materia de depuración de augas, por exemplo, continuamos á vangarda de Europa no sector da celulosa: os principais parámetros de calidade do noso efluente á Ría melloran ata nun 80% os valores de referencia que a UE considera de excelencia. Dino os datos.
Temos unha aposta irrenunciable pola transparencia. Todos os nosos indicadores ambientais de 2014, auditados por AENOR, están xa á súa disposición no noso sitio web: pode consultalos en www.encepontevedra.com/documentacion. Son datos auditados por terceiros, controlados polas administracións públicas, e que son produto de anos de esforzo en materia ambiental.
Quédanos moito por facer, pero xa estamos logrando resultados. Os mesmos que recoñeceu, por exemplo, Nordic Swan, un organismo dependente do Consello de Ministros dos países nórdicos (Finlandia, Suecia, Noruega...) ao avalar a excelencia ambiental da pasta procedente da madeira galega de Ence Pontevedra, a través das súas políticas de eco-etiquetado. Porque Nordic Swan é a certificación ecolóxica máis esixente na industria global do papel.
MELLORAS EN 2014
Pero ademais, a fábrica de Ence en Lourizán reduciu as súas emisións atmosféricas de partículas en 2014 máis dun 14% con respecto ao ano anterior. E con iso completa un decenio no que a redución de partículas alcanza o 33%.
O avance é igualmente importante nos indicadores relativos ao efluente líquido da fábrica. A fábrica mellora ata nun 80% as esixencias ambientais comunitarias nesta materia.
Quédanos traballo por diante, claro. Porque o noso obxectivo é ser un verdadeiro exemplo de sostibilidade. E por iso queremos ampliar a planta depuradora da nosa fábrica para poder reutilizar o 90% do auga que consumimos. Integrar arquitectónicamente a fábrica na paisaxe. Ou acabar con calquera impacto oloroso procedente da nosa fábrica.
Somos de aquí e sabemos que Pontevedra pode desenvolver un exemplo global de transformación sostible da madeira. Sabemos, tamén, que os nosos clientes de países como Alemania, Suecia, ou Francia, xa pagan máis polo carácter ecolóxico da nosa produción. Os avances ambientais son tamén unha panca de crecemento para o noso negocio.
Converternos nun referente da bioindustria en Europa e nun exemplo de sostibilidade, é un proxecto que move os nosos corazóns como traballadores, como pontevedreses e como galegos. E que, ademais, faranos cada vez máis grandes. Non imos aforrar nin un esforzo.
Relacionadas:
-
Ence acusa a quen reclama o traslado da fábrica de lanzar unha mensaxe "populista y demagógica"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
A APDR volve vestir as estatuas da cidade con carteis reclamando a marcha de Ence
Por Redacción |
-
Ence adicará outros 8 millóns de euros nos próximos anos para erradicar os olores e reducir as emisións de vapor
Por Noticia patrocinada |
-
Ence investirá máis de 20 millóns de euros nunha terceira depuradora que achegará unha máxima calidade ao seu afluente
Por Noticia patrocinada |
-
Máis de 5.000 postos de traballo en Galicia dependen da permanencia da fábrica de Ence en Pontevedra
Por Noticia patrocinada |