Os comerciantes de Cuntis recuperan a súa feliz Belle Époque
Por Redacción
Cuntis retorna a principios do século XX coa cuarta edición da festa da Belle Époque na que os traxes propios dese período percorren as rúas desta vila. Nesta ocasión son os comerciantes os encargados de organizar este evento sen o Concello.
Entre as actividades destaca un Mercado de artesanía, con postos de delicias, xogos de época para nenos e adultos e unha exposición dos primeiros vehículos de motor.
Ademais, os visitantes poden asistir a concertos, espectáculos de contacontos e maxia cómica, ademais de representacións teatrais. A partir das 19.00 horas, celébrase o desfile concurso de moda de época no que se conceden premios aos que porten a indumentaria que mellor se adapte á Belle Époque.
Xa durante a noite desenvólvese unha cea baile de época nas instalacións do Balneario.