Detido por escapar dun control de alcolemia e provocar un accidente con feridos na súa fuxida
Por Natalia Puga
Un veciño de Vilagarcía de Arousa foi detido pola Garda Civil de Tráfico que se fuxiu dun control de alcolemia na madrugada do sábado ao domingo en Caldas de Reis e na súa fuxida chegou a causa un accidente con feridos.
O home, M.P.M., de 25 anos, foi detido como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria (conducir de forma manifestamente temeraria), outro de danos e por desobediencia a axentes da autoridade. Tres delitos polos que deberá comparecer ante o Xulgado de Garda de Caldas.
Segundo informou a Garda Civil, unha patrulla de Tráfico estaba a realizar un control de alcoholemia na estrada N-640 ao seu paso por Caldas cando o condutor dun turismo Volkswagen Golf desobedeceu as ordes de parada e fuxiu.
Na súa fuxida realizou unha condución manifestamente temeraria poñendo en grave perigo outros condutores, chegando a colidir frontolateralmente contra outro vehículo, ao que causou grandes danos. Os seus ocupantes resultaron con feridas leves, pero tras o impacto lograron fuxir de novo.
As investigacións realizadas pola Garda Civil permitiron a identificación do vehículo e a súa localización, así como a do condutor deste. Este luns procedeu á súa imputación.