Ence acusa a quen reclama o traslado da fábrica de lanzar unha mensaxe "populista y demagógica"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
O director de Ence en Pontevedra, Antonio Casal, acusou a quen reclama o traslado da fábrica de Lourizán de lanzar unha mensaxe "populista y demagógica".
Antonio Casal volveu repetir que "el traslado no es posible" ou dito doutra maneira "no se puede construir una nueva fábrica de celulosa en esta área que sea competitiva" e apelou a "los números" para reforzar os seus argumentos.
Para o director de Ence "no tiene razón de ser" estar a pedir o traslado da actividade que se desenvolve na fábrica da ría de Pontevedra "porque cuando se insiste en algo que es imposible es estar dándose cabezazos contra la pared".
Ao seu xuízo, "lo que hay que hacer es dedicarse a construir, dedicarse a buscar soluciones viables y reales".
"Siga usted ahí y le ponemos las mayores exigencias del mundo mundial, genere usted riqueza... Pero no nos obcequemos en buscar soluciones que son imposibles, y que en realidad lo único que hacen es perder el tiempo de todos y despistar a la población", sinalou.
O director de Ence tamén saíu ao paso de quen pide que se pospoña ata despois das eleccións xerais o debate sobre a continuidade da fábrica de Lourizán. Segundo Antonio Casal "Ence tiene el interés de que el tema de la continuidad de la fábrica se resuelva cuanto antes" xa que "estamos ya en tiempo de descuento".
Esa urxencia deriva de que no complexo industrial pontevedrés "necesitamos, y me he hartado de repetirlo muchas veces, necesitamos invertir y no podemos invertir sin seguridad" por iso afirmou con rotundidade "francamente no veo ninguna razón para nada de que haya que esperar".
Antonio Casal fixo estas declaracións durante a presentación do Informe sobre o impacto da actividade forestal de Ence en Galicia, elaborado pola Cátedra de Ence na Escola de Enxeñeiros Forestais.
Entre as súas principais conclusións o documento destaca que el Grupo Ence realiza compras madeireiras por 122 millóns de euros ao ano en Galicia e xera o 30% do emprego forestal.
O informe foi elaborado a partir da análise da totalidade das operacións forestais da compañía na comunidade entre 2011 e 2014.
Das análises dos investigadores da Universidade de Vigo conclúese que, tan só en labores de selvicultura, a demanda anual de madeira da empresa xera preto de 178.000 xornais nos montes cada ano. Cifra en 1.800 os propietarios de monte aos que compran madeira cada ano en 186 municipios distintos.
Entre os plans do grupo pasteira de cara ao futuro marcáronse como obxectivo sacar rendemento forestal a preto de 800.000 hectáreas abandonadas.
Relacionadas:
-
Ence e Asefoga asinan un convenio que supoñerá un volume de negocio de case 300.000 euros a terceiros
Por Redacción |
-
O Concello recorre a resolución ministerial "que consolida á situación de ENCE"
Por Diego Espiño |
-
A oposición acusa a Feijóo no Parlamento galego de actuar "en conivencia" con Ence
Por Redacción |
-
Ence mellora folgadamente as normas medioambientais da Unión Europea, as máis esixentes do mundo
Por Noticia patrocinada |
-
Poñen en marcha unha campaña "o máis masiva posible" para contrarrestar as "medias verdades" de ENCE
Por Alejandro Espiño |