Espectacular persecución pola Autovía de Marín
Por Redacción
Un condutor ao volante dun vehículo branco, segundo testemuñas presenciais, percorreu en dirección contraria a rúa de San Roque e continuou tras xirar pola rotonda da Avenida das Corbaceiras en dirección á Autovía de Marín.
O vehículo era perseguido por un coche da patrulla da Policía Local que tentaba darlle alcance no que se converteu nunha chamativa persecución policial que espertou a alerta dun numeroso número de condutores e viandantes.
O incidente produciuse arredor das 14.15 horas, pero, ata o momento, non trascenderon máis detalles do mesmo. As fontes policiais consultadas confirmaron que se produciu unha persecución, pero descoñécese o motivo da conduta infractora do vehículo en cuestión e tamén o remate da escena relatada.