O comité de Elnosa destaca ante María Ramallo que moitos dos traballadores da fábrica son de Marín
Por Redacción
Este venres o comité de empresa de Elnosa reuniuse coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, e os responsables de urbanismo e medio ambiente no concello para explicarlles a súa preocupación acerca do seu futuro e da continuidade da empresa.
O comité destacou que Marín é un concello que aporta moitos traballadores a esta empresa, que teñen a súa vida laboral e profesional nela e que "queren ter a tranquilidade de que os seus postos de traballo non perigan por decisión políticas ou de enfrontamento permanente", trasladaron dende o goberno local.
Queren que a empresa realice as inversión necesarias para poder adecuarse e incluso mellorar as labores productivas, que incorporen innovacións tecnolóxicas nos procesos, e sólo eso garantiría que puidera cumprir coas esixencias da lexislación autonómica e estatal en vigor.
Solicitan un trato igual que a outras empresas, e unha defensa dos postos de traballo que se verían peligrar se se produce unha deslocalización importante.