A Deputación de Pontevedra facilita a compostaxe na provincia a través do programa Revitaliza
A Deputación Provincial segue traballando na posta en marcha del programa de compostaxe “Revitaliza” que contempla unha primeira fase de implantación de ámbito individual e comunitario. Tras ese primeiro ciclo e de acordo as necesidades que xurdan pasarase a plantas de maior dimensión.
QUE É O COMPOST?
O compost é o resultado de transformar restos de comida e de vexetais en abono natural. Este proceso de transformación non require ningún mecanismo, motor ou gasto de mantemento; simplemente un compostador.
QUE VANTAXES TEN A COMPOSTAXE?
As vantaxes da compostaxe son múltiples. Supón aforro para as administracións locais xa que actualmente o tratamento do lixo é un servizo totalmente deficitiario. Segundo as estimacións realizadas a compostaxe comunitaria leva un aforro mínimo anual por familia de ata 60 euros. Tamén aforro na compra de abonos, conseguindo ademais do compost un abono sen elementos químicos e gratuíto.
Reduce a contaminación xa que se minora o transporte de residuos e por tanto o consumo de combustibles. Ao acumular menos residuos nos vertedoiros redúcense as substancias tóxicas e gases nocivos. De igual maneira co uso de compost mellórase a saúde da terra e das plantas.
QUE SE PODE DEPOSITAR NUN COMPOSTEIRO?
No composteiro pódense depositar restos de comida de todo tipo, alimentos caducados, restos de verduras, mondas de froita, pousos de infusións e café, aceites e graxas comestibles, panos de papel ou servilletas non coloreadas, restos de podas, de céspede ou doutros residuos de xardín. O compost terá maior calidade cantos menos elementos impropios se boten ao composteiro. De cada cen quilos de residuos orgánicos obtéñense entre 20 e 25 quilos de compost.
COMO SERÁ O PROCESO DE IMPLANTACIÓN?
No caso dos composteiros comunitarios, os concellos interesados deben contactar con aqueles colectivos que queiran participar no programa e garantir a súa viabilidade. A Deputación comprará e instalará os composteros e poñerá a disposición dos concellos o persoal necesario para o seu mantemento. Situaranse en barrios ou parroquias para grupos de entre 60 e 300 veciños. Os cidadáns depositarán os restos de comida e botarán encima unha parte de estruturante, ou parte seca, para evitar cheiros e moscas.
As persoas interesadas en ter un composteiro individual, deben solicitalo no seu concello. O proceso é o mesmo que nos composteiros comunitarios, depositando restos orgánicos e mesturalos cunha parte seca que achegará a Deputación. Remóvese a mestura periodicamente e en catro meses, aproximadamente, na parte baixa do composteiro formouse o compost.
O proceso é o mesmo para composteiros comunitarios e individuais: deposítanse restos orgánicos e mestúranse cunha parte sécase que achegará a Deputación
QUE SON OS MESTRES COMPOSTADORES?
Os mestres compostadores son o persoal necesario para o mantemento dos composteiros, para facer os traballos de control de transformación dos residuos domésticos en compost e para resolución de dúbidas dos cidadáns. A Deputación encargarase da súa formación previa, a súa contratación e salario durante seis meses. Este período pode ser prorrogado por outros seis meses máis. Haberá un mestre composteiro por cada 25 centros de compostaxe comunal, de forma que un técnico pode facerse cargo das instalacións de máis dun municipio.
QUE PRAZOS SE MANEXAN?
Espérase que nos primeiros meses de 2016 estean instalados entre 40 e 150 centros de compostaxe comunais na provincia. Cada un terá capacidade para tratar os residuos orgánicos xerados entre 60 e 300 veciños. A previsión durante o presente mandato é que se instalen 800 centros comunitarios, dando servizo a uns 240.000 habitantes.
Relacionadas:
-
Os concellos da provincia solicitan máis de mil lombos á Deputación
Por Redacción |
-
Sanxenxo quere instalar en Dorrón o primeiro composteiro comunitario do municipio
Por Redacción |
-
A Deputación decidirá en xaneiro onde instalar os primeiros centros de compostaxe comunitarios
Por Redacción |
-
Máis de 460 persoas aspiran a ser mestre composteiro
Por Redacción |
-
173 solicitudes presentadas nun só día para unha das 20 prazas de mestre composteiro
Por Alejandro Espiño |
-
Queres traballar para a Deputación por 1.400 euros ao mes?
Por Oskar Viéitez |
-
Máis cartos para a compra de composteiros individuais
Por Redacción |
-
"Paso adiante irreversible" na concienciación sobre a compostaxe
Por Redacción |