A plataforma SOS Sanidade denuncia a presenza de roedores no recinto do Hospital Provincial
Por Anxo Lourido
A plataforma SOS Sanidade Pontevedra volverá saír á rúa para manifestarse o próximo 13 de novembro ás 20.15 horas coa intención de demandar investimentos sanitarios na comarca.
Este colectivo, no que se integrou a Agrupación de Profesionais da Saúde de Galicia (Prosagal), denuncia que desde 2009 cando se presentou o proxecto dun novo hospital en Monte Carrasco, a Xunta non investiu na sanidade pontevedresa. Desta forma, Anxo Rincón, representante de SOS Sanidade, puxo de manifesto as numerosas deficiencias que presenta o Hospital Provincial entre as que destacaron a presenza de roedores e insectos no recinto nos desaugadoiros de pluviais e na rede de sumidoiros, hai camas pegadas á parede evitando que o paciente poida ser atendido de maneira adecuada, paritorios en lugares estreitos, habitacións de escaso tamaño, quirófanos separados impedindo un bloque cirúrxico idóneo e unha unidade rehabilitación inadecuada.
Ante esta situción reclaman que un hospital único en Montecelo e que se abandone a construción dun Hospital en Monte Carrasco que seguiría a liña do novo centro de Vigo, segundo manifestaron. Rincón alertou que o modelo que propón a Xunta tendería "a unha chapuza disimulada de pública pero en realidade privada como sucede no Álvaro Cunqueiro". Insisten en que Montecelo conta con infraestruturas renovadas, accesos adecuados e espazo suficiente para ampliacións.
E entenden que o Hospital Provincial podería destinarse a outros usos como o de espazo para actividades administrativas, asistencia ambulatoria, centro de saúde ou tamén como hospital de crónicos.
COMPRA DO HOSPITAL DOMÍNGUEZ
Rafael Vázquez, de CC.OO., manifestou que a compra do Hospital Domínguez explica por que a Xunta xa non está a apostar por Monte Carrasco e céntrase na sanidade privada. Segundo explicou o representante sindical, Quirón conta con máis do 60% dos hospitais privados da man do PP. E sinalou que os hospitais privados en Pontevedra subsiste só a través da concertación coa sanidade pública e a través do funcionariado das mutuas
Desde UXT, Rosa Casal tamén se sinalou que se está derivando aos pacientes da sanidade pública á privada, que foi incrementando desta forma a súa presenza durante os últimos anos.
Relacionadas:
-
Protesta ante os hospitais Montecelo e Provincial para denunciar unha contratación "precaria e escrava"
Por Oskar Viéitez |
-
SOS Sanidade Pública chama a unha manifestación masiva o venres por "unha área sanitaria de primeira"
Por Natalia Puga |
-
"A sanidade de Pontevedra é coma unha señora infartada á que a Xunta de Galicia lle pon unha tirita nun dedo"
Por Oskar Viéitez |
-
A Santa Compaña reivindicará polas rúas de Pontevedra a ampliación do Hospital Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Chaman dende a Peregrina á manifestarse en defensa da sanidade pública
Por Redacción |
-
SOS Sanidade Pública sae á rúa para evitar que Pontevedra se convirta noutro Álvaro Cunqueiro
Por Redacción |
-
O conflito do Hospital Álvaro Cunqueiro repercute negativamente nos pacientes de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |