De traballadora a okupa no sofá da veciña en só un ano
Por Mónica Patxot & Natalia Puga
"Estamos desmantelando la casa". En pouco máis dunha hora, toda a vida de Susana e, en especial, os últimos seis anos e medio que levaba residindo nun piso da rúa San Nicolás quedaron reducidos a un montón de caixas e bolsas de lixo acumuladas ao longo das escaleiras do edificio e en recunchos da casa da súa veciña do primeiro.
Coa axuda da súa filla e de varias amigas, e coa única luz dunha lanterna nas escaleiras e pequenas lámparas repartidas ao longo da casa, esta pontevedresa de 51 anos afanábase dun lado a outro da vivenda, abufada ante a cantidade de pertenzas que debía recoller e a presión de que unha procuradora estivese fóra agardando para pechar a porta do que fora o seu piso para que xa non puidese volver entrar. Horas antes fora desafiuzada sen notificación previa, o fecho xa fora cambiado e seguía descolocada polo xiro que acababa de dar a súa vida nas últimas oito horas. E o cambio radical que deu no último ano.
"¿Qué hay en esa bolsa? Ni lo sé. Ya se verá otro día, cuando tenga donde dejarlo". Eran algunhas das frases que compartía coas súas compañeiras nesta mudanza apresurada. Tivo que facela entre as 19.10 e pouco despois das 20.00 horas deste martes mentres se encontraba "aún en estado de shock", como ela definía minutos mentres agardaba dando sorbiños a un café no salón da casa da súa veciña Maribel, que a acollerá ata que logre poñer orde na súa vida."Dormiré en el sofá. Y gracias. Aún menos mal que ella me deja guardar mis cosas y quedar aquí".
Toda a súa vida traballou, con 24 anos viuse soa cunha nena e tivo que sacala adiante. A pequena xa ten 26 e vive co seu noivo nun piso no que non pode acollela. Limpando en casas e asumindo todos os empregos que lle ían saíndo lograba chegar co fin de mes. Ata hai apenas un ano. A crise fixo que os seus últimos xefes tivesen que prescindir dos seus servizos e xa non puido volver empregarse.
Solicitou unha Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), pero tardou un ano en recibila. Mentres tanto acumulou unha débeda que a levou á situación deste mércores. Debe un ano de aluguer. Agora que empezou a percibir 400 euros xa podería facer fronte, a duras penas, ao pagamento, pero a axuda chegou tarde. O seu caseiro xa a denunciara, celebrouse un xuízo e o xuíz ordenou o desafiuzamento.
Susana non se queixa de que se executase este desaloxo, "al no tener trabajo, se te acumulan las facturas y no puedes pagar", e había unha semana que a súa avogada lle dixera que nalgún momento se lle notificaría unha orde de desaloxo.O que lle molesta é que esa notificación nunca chegou. Ata as 10.30 horas deste mércores. Tamén pensar nas formas nas que foi desaloxada e en que chegou a esta situación porque "tardaron un año en darme la ayuda", senón ela nunca chegaría a acumular tal número de impagamentos.
"Se me bloqueó la cabeza y no sabía qué hacer. Estaba temblando y llorando, histérica de un lado para el otro, buscando al gato"
"Policía, policía. Abra la puerta o si no la abre entraremos igual y cambiaremos la cerradura". O berro resoou en todo o edificio, pero só o oíron Susana e unha amiga da súa veciña de abaixo. Eran axentes da Policía Nacional, persoal xudicial, unha procuradora e un cerralleiro. Ou iso contoulle a súa veciña. Ela non pode recordalo con claridade, o que pasou nos minutos posteriores "son como recuerdos en una nube, sé que había un montón de gente, pero no recuerdo ni cuantos ni su cara".
"No me llegó ninguna notificación" foi a súa resposta. Eles insistían en que a súa avogada da quenda de oficio e a súa procuradora tiñan que térllelo comunicado e en que lle deixaran un documento por debaixo do portal, pois o edificio non ten timbre nin caixa de correo no exterior. "Allí no pusieron nada, sino yo lo había visto", asegura a súa veciña Maribel. Non oiron as súas explicacións nin lle deron tempo para recoller, "si lo supiese dos o tres días antes ya lo habría recogido todo".
"Estaba en pijama, tuve que vestirme el jersey y el pantalón que encontré, con la puerta abierta, y empecé a buscar al gato, pero no lo encontraba. Fue horrible, me dio un ataque de ansiedad. Di unas cuantas vueltas por la casa porque no sabía qué hacer. Se me bloqueó la cabeza y no sabía qué hacer. No sabía qué coger, si el gato, el dinero, el ordenador o las bragas. Yo estaba temblando y llorando, histérica de un lado para el otro, moviendo los muebles, buscando al gato".
Atopouno detrás da neveira, colleuno "con cuatro trangalladas" e xa cambiaron o fecho e encontrouse na rúa. A procuradora ofreceulle volver pola tarde para deixala entrar na casa e recoller as súas cousas. Esperábaa ás cinco e chegou ás sete. De novo,"lo que me molestan son las formas". Ha decidido que "presentaré una denuncia en el Colegio de Abogados para saber por qué no se me notificó".