Un muro de vexetación substituirá o enreixado de barrotes da Cidade Infantil Príncipe Felipe
Por Redacción
A deputada provincial, Eva Vilaverde e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, percorreron durante a mañá deste mércores 21 as instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe onde está previsto que leven a cabo obras nun período breve para a creación dunha glorieta que reordene o tráfico na zona e a renovación total da imaxe da entrada do centro.
Está previsto que se instale un dobre control de acceso, unha área de estacionamento temporal e unha nova praza que servirá como antesala ao edificio principal e que contará con prioridade peonil. Ao mesmo tempo vaise a substituír o actual enrejado de barrotes que rodea a instalación por unha pantalla-muro de vexetación co obxectivo de crear un ambiente máis adecuado para os menores que fan uso das instalacións.
Ambos, o alcalde e a deputada, manifestaron que o idóneo sería que o centro dependese da Xunta de Galicia pero Eva Vilaverde afirmou que mentres siga pertencendo á Deputación seguirán mellorando o recinto.
A deputada indicou que o obxectivo do goberno provincial é dar unha nova vida a este centro, dalo a coñecer entre a sociedade e poñer en valor o traballo dos profesionais, ao mesmo tempo que se abrirán as portas a entidades e veciños.
Relacionadas:
-
A Deputación adxudica a EC Casas a obra da glorieta e a mellora do acceso a Príncipe Felipe
Por Gabriela Varela Asorey |
-
Propoñen un profundo redeseño nos accesos á cidade infantil Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
A nova rotonda de acceso a Príncipe Felipe custará 550.000 euros e será licitada este ano
Por Redacción |