A preamar sorprende algúns condutores no aparcadoiro das Corbaceiras
Por Redacción
Os ríos da comarca están a rexistrar durante estes días de mareas vivas unhas importantes preamares. Unha circuntancia na que axudan as abundantes choivas e o temporal na mar.
No caso do Lérez, o caudal do río alcanzou o taboleiro da ponte dos tirantes e o de Santiago, e o peirao das Corbaceiras viuse superado polo nivel do río, unha circunstancia que sorprendeu aos propietarios de varios vehículos estacionados na rampla do peirao.
A Policía Local vai pedir a Portos de Galicia que sinalice a zona advertindo aos condutores desta circunstancia.
Un día máis, a auga entrou nun dos carrís da PO-11, a mal chamada Autovía de Marín, o que obrigou a actuar aos axentes da Garda Civil que restrinxiron o paso de vehículos polo carril afectado.
En Ponte Sampaio o Verdugo alagou parte do campo de fútbol e as zonas contiguas á praia fluvial.