O "google" das multas
Por Oskar Viéitez
Os veciños de 22 concellos da provincia terán a posibilidade de coñecer, grazas á Deputación, a tramitación dos seus expedientes sancionadores de tráfico.
As multas publícanse no Taboleiro de Edictos da páxina web da Dirección General de Tráfico, de forma que substitúen ás publicacións no Boletín Oficial da Provincia.
A veintena de concellos que se adhire a este servizo delegó a tramitación deste servizo a través do seu Organismo de recaudación da administración local (ORAL).
Para acceder a esta información a calquera hora do día, o cidadán debe introducir ou ben datos persoais como o nome, apelidos ou o NIF, ou ben a matrícula do seu vehículo.
O servizo permite, pagar a multa a través da Oficina Virtual da Deputación de Pontevedra. Tamén é posible facilitar unha correo electrónico ou o número de teléfono móbil para recibir alertas.
A institución provincial pontevedresa súmase con este servizo ás de Barcelona, Sevilla, Cádiz, Castellón e Alacante.