O vehículo precipitado ao Lérez gardaba un pequeno tesouro
Por Oskar Viéitez
Aínda co susto no corpo, Fabio, de 12 anos de idade, recibía a alta médica o venres no Hospital Montecelo despois do ataque de nervios sufrido cando o vehículo no que viaxaba caeu ao Lérez no peirao das Corbaceiras.
A súa nai, Ana, explicou que era a súa nora quen conducía o coche e que todo sucedeu mentres trataba de aparcar o vehículo.
Ana supervisaba o venres pola noite como os operarios do guindastre retiraban o vehículo do fondo do río, aproveitando a marea baixa. Cos seus recuperándose en casa a súa preocupación agora era poder recuperar o diñeiro que levaban no coche. Un sobre coa paga do último mes.
O seu temor era que a auga que entrou no Volkswagen Golf destruíse o diñeiro ou que saíse polo portelo aberto do coche. Afortunadamente, tamén neste caso houbo final feliz.