Milla urbana para sensibilizar á poboación sobre a diabete infantil
Por Redacción
Desde este luns 9 ata o sábado 14, Día Mundial da Diabete, Pontevedra acollerá diversas actividades para facer visible a enfermidade entre a poboación en xeral e, sobre todo, entre os escolares. A asociación Anedia promove unha programación centrada en tres coidados fundamentais para o control da diabete: o exercicio, a alimentación e a medicación.
Durante estes días, os comedores escolares dos colexios públicos de Pontevedra, Vigo e A Coruña centraranse en dar a coñecer a importancia dunha dieta saudable cunha alimentación correcta. Os escolares realizarán diferentes actividades durante esta semana sobre a pirámide de alimentos e o venres realizarase un control de hidratos de carbono para que se vexan que os nenos con diabetes aliméntanse o resto de nenos pero regulando as graxas, proteínas e hidratos de carbono que se consomen.
Unha nutricionista, unha educadora e unha psicóloga do CHOP ofrecerán unha charla informativa sobre a medicación o xoves 12 ás 18.30 na Casa Azul.
O venres 13, durante a tarde, vai levarse a cabo un acto multitudinario cunha parte lúdica con concertos da banda de música infantil de Campo Lameiro e o grupo de música Maravallada na praza de España que finalizará co encendido da iluminación azul do edificio do Concello de Pontevedra coa lectura dun manifesto realizado polos menores que forman parte da asociación Anedia.
Xa o sábado 14, como colofón, desenvolverase unha proba deportiva a partir das 17.30 horas. Trátase dunha carreira popular, con varias categorías, na que participarán tamén federados nun apartado especial. A proba consiste nunha milla urbana polo centro de Pontevedra con tres voltas para os adultos pola rúa Michelena. Hai máis de 300 persoas apuntadas e aqueles que queiran inscribirse poden facelo a través www.millapoladiabete.com
Este luns presentáronse no Concello estas actividades a través da vicepresidenta de Anedia, Silvia Puga, o vogal Diego Castro e a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces.
Relacionadas:
-
Centos de pontevedreses anímanse a correr pola diabete
Por Diego Torrado |
-
Os profesores de colexios con nenos con diabete pasarán a recibir formación específica sobre a enfermidade
Por Redacción |
-
A cor azul volve tomar Pontevedra polo Día Mundial da Diabete
Por Redacción |
-
Os comedores escolares ensinarán esta semana o que come un neno con diabete
Por Redacción |
-
Lores falará cos panadeiros, cos donos do cine e co IMD das demandas dos nenos con diabete
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Anedia continúa a campaña formativa a persoas con diabete e coidadores
Por Redacción |