Salcedo estrenará el primer lombo adaptado para el rural
Por Redacción
O Concello de Pontevedra inicia o luns os traballos de restauración do firme do camiño da Sociedade, na parroquia de Salcedo cun investimento de 22.000 euros. Será a primeira vía do rural na que se instalen medidas de seguridade viaria, será un lombo concebido especificamente para este tipo de vías no rural.
Os traballos comezarán o luns a primeira hora da mañá e consistirán no asfaltado e pintado da sinalización horizontal e colocación de sinalización vertical.
Tamén se instalará un lombo como medida de seguridade viaria. Este lombo estará perfectamente adaptado ás características do rural, cunha imprimación simulando lastro, con sinalización horizontal e tamén vertical.