Axenda comarcal de actos polo 25-N. Día contra a violencia ás mulleres
Por Redacción
PONTEVEDRA
A concellaría de Muller inicia este luns as actividades programadas con motivo do Día internacional contra a violencia de xénero. As primeiras actividades son as enmarcadas dentro do proxecto Tamgram, no que o Concello colabora coa Universidade de Vigo. A través da empresa Portal 48 que puxo en marcha o proxecto De bruxas e bolboretas, pero tamén colaboran a Aula de Teatro de Igualdade e o Consello das Mulleres. O calendario é o seguinte:
- Luns, 23 de novembro. (Bragas con Historia, Fogar, Pussy Toons)
- Martes, 24 de novembro. (Bragas con historia, Facendo e desfacendo vaise aprendendo, Fogar e Pussy Toons)
- Mércores, 25 de novembro. (Portas, Bragas con historia, Facendo e desfacendo vaise aprendendo, Fogar e Pussy Toons) 17.00 - 19.00 horas: Consecuencias. 18.30 - 20.00 horas. Ferraría. Cubos do Consello das mulleres novas.
- Xoves, 26 de novembro. (Facendo e desfacendo vaise aprendendo, Fogar, Pussy Toons)
- Venres, 27 de novembro. (Facendo e desfacendo vaise aprendendo, Fogar, Pussy Toons) 19:00 horas. Barba Azul
- Domingo, 29 de novembro. 20.00 horas. Aula de teatro de Igualdade. Teatro Principal. "A herdanza"
COTOBADE
O vindeiro martes, ás 19 horas, no Local Social dos Xubilados de Tenorio terá lugar unha charla-coloquio.
O mércores na Casa Consistorial, ás 13:30 horas, colocarase unha pancarta, celebrarase un minuto de silencio por todas as víctimas de violencia de xénero. Para rematar, o alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, pechará o acto coa lectura dun poema.
PORTAS
Cruz Vermella Xuventude leva a súa campaña ‘Que ninguén controle a túa vida’ ao colexio Domingo Fontán este martes 24 de noviembre.
O GROVE
Exposición "Elas son terra firme" no CEIP Valle-Inclán entre o 23 e o 26 de novembro.
O 24 e 25 de novembro tanto o IES Monte da Vila como o IES Bizocas celebrarán xornadas de concienciación contra a violencia de xénero para sensibilizar, concienciar e reflexionar sobre a lacra social que supón. Como resultado destas xornadas abrirase ao público unha exposición que estará dispoñible a partires do propio día 25 de novembro.
25 de novembro. Concentración diante do Concello ás 12.00 horas e darase lectura ao manifesto por parte do Consello Local de Igualdade. Despois desta lectura realizarase unha homenaxe ás vítimas desta violencia.
26 de novembro, celebrarase unha mesa redonda para abordar a problemática.
29 de novembro "Andaina contra a Violencia Machista" que sairá da Praza do Corgo ás 10.00 horas e fará un percorrido de 9 quilómetros.
4 de decembro, terá lugar un obradoiro de "Violencia de xénero no novo contexto dixital" dirixido a adolescentes do IES Monte da Vila e de Bizocas e no que participarán os propios rapaces en quenda de mañá e os pais e nais de tarde.
BUEU
25 de novembro. Ás 11.45 terá lugar unha concentración silenciosa.
Ás 12 horas, o Centro Social acolle o acto de entrega dos agasallos do XIII certame do concurso de carteis contra a violencia de xénero, que se organizou desde o CIM e no que participaron 234 alumnos dos centros educativos do municipio. Dentro deste acto, o alumnado do CPR Virxe Milagrosa fará unha declaración de rexeitamento da violencia.
POIO
23 de novembro. Charla no IES de Fontenla, polas técnicas do CIM, para o alumnado de primeiro da ESO, traballarase a prevención da violencia, tratando temas como, "Os mitos do Amor Romántico" e os indicadores do ciclo da violencia, entre outros.
O concurso de carteis contra a violencia sexista chega á súa quinta edición e as obras poderanse ver no Casal de Ferreirós a partir do 27 de novembro.
O domingo 22 terá lugar o Festival Musical no centro social de Campelo con dez artistas, músicos e coros do concello.
CUNTIS
22 e 23 de novembro. Reparto de lazos violeta por todas as parroquias e establecementos do concello colocación lazos violetas en edificios públicos.
24 de novembro. Obradoiro "Como me quero quérote" no colexio Aurelio Marcelino Rey García
25 de novembro. "O Conto do Príncipe e a Princesa". Mesa informativa e recital de Manoele de Felisa. Ás 19:30 na Casa da Cultura Roberto Blanco
28 de novembro. "En Clave de Sol". Concerto das corais parroquiais
MARÍN
25 de novembro. 12.00 horas terán lugar no salón de plenos do Concello a entrega dos Premios Lazos Violeta que este ano irá destinado ás asociacións con vogalía de muller e unha mención especial a Teresa Blanco, recentemente fallecida, membro destacado do sindicato UGT e nestes últimos anos do Consello de Administración do Porto de Marin.
Relacionadas:
-
Conchi. 38 anos. Ponte Sampaio
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
25 de novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Por Redacción |
-
A violencia machista en Pontevedra: menos ordes de protección e denuncias, máis chamadas ao 016
Por Natalia Puga |
-
Mestras, alumnas e persoal do Colexio Doroteas protagonizan unha campaña contra a violencia sexista
Por Redacción |