ENCE potencia convenios co sector da madeira, o último cos produtores de Cedeira
Por Redacción
O Grupo Ence e a Asociación de Produtores de Madeira de Cedeira (A Coruña) asinaron un convenio en función do cal os madeireiros venderán á pasteira ata 15.000 toneladas de madeira no próximos seis meses.
O acordo forma parte dunha serie de convenios de gran importancia para a mellora da transparencia do mercado da madeira, ao fomentar a venda de madeira a tonelada, co que o propietario cobra o que realmente produce a un prezo transparente.
O convenio cos produtores de Cedeira está vinculado ao prezo da pasta con revisións trimestrais do mesmo. Este modelo de indexación favorece a transparencia no mercado, cobrando aos produtores pola cantidade producida, cun prezo por tonelada fixado en contrato.
De acordo con este convenio, o prezo de compra da madeira se indexará cada 3 meses co da pasta de celulosa. Os produtores de madeira comparten así beneficios coa empresa no caso de que o prezo da pasta suba durante o prazo no que o contrato se manteña vixente.
Os propietarios de parcelas lindeiras poderán, ademais, obter un maior rendemento económico dos seus cultivos se se agrupan para proceder á venda conxunta, posibilitando así unha maior eficiencia nos labores de aproveitamento e retirada da madeira.
Este tipo de agrupación do voo de parcelas, denominado coto redondo, comeza a funcionar con éxito en comunidades autónomas de gran produción forestal como Galicia. A prima ofrecida por Ence á constitución de cotos redondos oscila entre un euro adicional por tonelada de madeira vendida a cada produtor para cotos redondos de máis de 1.000 toneladas ata os 4,5 euros por tonelada para unións de parcelas que somen 10.000 ou máis toneladas de madeira.