A comunidade de augas da Reigosa asina un acordo de cesión co Concello para o abastecemento da depuradora
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e a presidenta da Comunidade de Usuarios da Traída de Augas de A Reigosa, Teresa Escamilla, asinaron o acordo mediante o cal o Concello poderá dispoñer dun enganche para o subministro para o aseo e limpeza da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), non pudéndose aplicar a ningún outro consumo relativo ao seu propio funcionamento.
Dende o goberno local sinalan que con este convenio "ponse punto e final á polémica xurdida pola decisión unilateral do anterior alcalde de conectar esta instalación depuradora á traída de augas sen solicitar nin comunicar previamente aos veciños as súas intencións".
Este acordo establécese por un periodo de seis meses transcorrido o cal analizaranse e valoraranse os consumos incurridos optando, dacordo cos criterios que no seu momento estableza a Xunta Directiva e á vista dos consumos reais efectuados determinarán se proceden á súa prórroga ou rescisión.
Coa intención de controlar o consumo que se realice na devandita instalación colocouse un contador no punto de subministro que parte de 1,8 metros cúbicos de consumo contabilizado. Unha vez transcorrido este periodo de seis meses valorarase o gasto de auga real realizado para determinar a súa continuidade ou suspensión.
O alcalde Andrés Díaz agradeceu aos veciños que conforman a Comunidade de Usuarios da Traída de Augas de A Reigosa "a súa comprensión e talante dialogante na procura de atopar unha solución satisfatoria a un problema que ía camiño de enquistarse". Díaz trasladoulles, en nome do novo equipo de goberno, as súas "desculpas polo proceder do anterior rexedor" e avogou polo "diálogo fluído e o entendemento entre o Concello e os veciños para avanzar na solución dos problemas".
Relacionadas:
-
O Concello de Ponte Caldelas debe indemnizar un veciño por apropiación indebida dun terreo
Por Redacción |
-
O Concello de Ponte Caldelas reclama a Xestur a limpeza das parcelas baleiras do polígono da Reigosa
Por Redacción |
-
Andrés Díaz acusa ao ex alcalde de ser o responsable dos atrasos no alcantarillado da Reigosa
Por Redacción |
-
Perfecto Rodríguez asegura que A Reigosa segue sen saneamento por "deixamento" do Concello
Por Redacción |