O PP rexeita os "improvisados" orzamentos provinciais porque non teñen "alma"
Por Oskar Viéitez
Os voceiros do Partido Popular na Deputación, Nidia Arévalo e Ángel Moldes, anunciaron que o seu grupo provincial votará en contra dos orzamentos provinciais para 2016 que este venres irán ao Pleno para a súa aprobación.
Criticaron as contas do bipartito porque "esquecen aos pequenos e medianos concellos, aos colectivos veciñais, culturais e deportivos", dixeron este xoves en rolda de prensa. Ao seu xuízo, o goberno PSOE-BNG renuncia á "esencia" da institución provincial para facer unha Deputación "ás ordes do alcalde de Vigo, Abel Caballero".
Para Nidia Arévalo son "uns orzamentos sen concreción, sen alma, como un coche sen motor" e insistiron en que "son orzamentos improvisados nos que se reserva máis recursos para a compostaxe que para a acción social".
Por falta de tempo, será na próxima semana cando o grupo popular presente as alegacións aos documentos feitas polos propios alcaldes.
Na súa comparecencia os populares aseguraron que agora os concellos recibirán menos cartos "un 33% menos" do que recibían antes cando a Deputación estaba presidida por Rafael Louzán. En concreto, Nidia Arévalo sinalou que "temos 40 millóns para repartir entre 60 pequenos e medianos concellos, 10 millóns para Pontevedra e un cheque infinito para Vigo. Non somos iguais. Basta xa de farsas", dixo.
No pleno do venres aportarán informes de intervención de concellos que "certifican o que di o PP, que os concellos recibiron en 2015 máis fondos dos que van recibir no ano 16".
Ademáis os populares denuncian que este orzamento reduce de forma "significativa" partidas "importantes e prioritarias para a garantir a atención ás familias, pero tamén das axudas para apoiar aos clubs deportivos, ás asociacións culturais e veciñais, ou aos sectores produtivos como a pesca, a viticultura, a agricultura ou as pymes", citaron.
Pola súa parte, o voceiro popular Ángel Moldes criticou que "por primeira vez na historia da Deputación" o goberno provincial non recolle nos orzamentos "ningunha das propostas que realizaron os traballadores", quenes xa anunciaron que van intentar impugnar deste documento.
Finalmente o PP alertou da "amenaza do desmantelamento" que "segundo os sindicatos e os traballadores" vai provocar o novo bipartito.
VERGOÑA
O voceiro do grupo provincial socialista, Santos Héctor, saíu ao paso destas declaracións afirmando sentirse "terriblemente avergonzado destes dous portavoces do Partido Popular" pola súa forma "rastrera" de facer política.
Santos Héctor indicou que os socialistas non van a contestar a os seus "gritos, insultos e mentiras" asegurando que os cidadáns xa rexeitaron o modelo de política que eles defenden.
Relacionadas:
-
Anuncian mobilizacións contra o orzamento que acaba de aprobar a Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
A conmemoración do Ano Castelao centrará a actividade cultural da Deputación en 2016
Por Redacción |
-
A Deputación destina un 20,5% máis de recursos para o fomento do emprego
Por Redacción |
-
O PP asegura que a Deputación pon en risco a supervivencia dos clubes deportivos ao quitar as subvencións "a dedo"
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O PSOE insta aos alcaldes do PP a que renuncien aos cartos da Deputación que criticaron por insuficientes
Por Redacción |
-
Comisiones Obreras estuda impugnar os orzamentos da Deputación
Por Anxo Lourido |
-
A Deputación presenta un orzamento de 152 millóns no que "non existe nin un céntimo de libre disposición"
Por Oskar Viéitez |