Demandan á Xunta que amplíe o Hospital Montecelo

Por Redacción
O Pleno da Deputación aprobou cos votos do PSOE, BNG e Marea, unha moción presentada polo Partido Socialista na que se pedía a ampliación do Hospital Montecelo coma hospital público de referencia. Antes da presentación da moción interveu no salón de actos un representante da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública.
O voceiro desta plataforma que agrupa a organizacións de cidadáns e de pacientes, sindicatos, organizacións profesionais, partidos políticos e concellos de todo a área sanitaria falou ao inicio do Pleno para reivindicar a creación dun hospital único "que unifique todos os recursos nun só edificio e dote ao complexo dos servizos que lle corresponden en función da súa poboación e dos que carece por falta de espazo".
Esta plataforma sinalou que construír un novo hospital de financiamento e xestión privada en Monte Carrasco, "supoñería un custe que aproximaríase aos 900 millóns de euros" e asegurou que "actualmente é absolutamente imposible ca Xunta de Galicia acometa esta obra, como quedou claro cos problemas de finanzamento do Novo Hospital de Vigo".
Ante unha situación hospitalaria en Pontevedra Norte que calificaron coma "absolutamente inaceptable, para a calidade e seguridade da asistencia sanitaria da poboación" apuntaron que é "preciso" acometer o máis axiña posible a ampliación do Hospital Montecelo. Segundo dixeron, os custes desta ampliación estarían no ámbito dos 150 millóns de euros.
Ademáis propoñen adicar o actual Hospital Provincial a actividades sanitarias: Centro de Atención Primaria, Servizo de Urxencias Extrahospitalario, Centro Orientación Familiar, Servizo de rehabilitación, Consultas externas de especialidades, entre outras, e mentres tanto paliar déficits perentorios no Hospital Provincial.
Os deputados do Partido Popular votoran todos en contra da moción ainda que a plataforma pediu o apoio a súa proposta "independentemente da cor ou militancia política de cada quen".
Relacionadas:
-
Para os traballadores do CHOP, o hospital único "debe ser" en Montecelo
Por Redacción |
-
Paraugas vermellos na Ferrería por unha sanidade pública
Por Redacción |
-
Lores pide ao novo conselleiro de Sanidade que retome a ampliación de Montecelo
Por Alejandro Espiño |
-
Miles de persoas piden na rúa que Pontevedra deixe de ser "unha área sanitaria de segunda"
Por Cristina Saiz & Diego Espiño |