Recomendacións para regalar xogos e xoguetes "para unha sociedade igualitaria"
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra puxo en marcha unha campaña de adquisición e uso de xoguetes non sexistas e non violentos. (Descarga o folleto)
A presidenta da administración provincial, Carmela Silva, lembrou que a igualdade entre mulleres e homes constitúe unha das principais liñas estratéxicas deste mandato, por iso, coa inminente chegada a de as compras de Nadal, "cremos que é o momento idóneo para convidar á reflexión sobre a adquisición de xogos, xoguetes, libros ou videoxogos e agasallos que se compren aos máis pequenos".
Nesta campaña explícase que non se trata de forzar aos menores para xogar con xoguetes que non lles gustan, pero tampouco impedirlles facelo con aqueles atribuidos pola sociedade ao outro sexo. Existen estereotipos que impiden o desenvolvemento das súas capacidades e habilidades e que non se corresponden coa realidade.
A campaña difundirase polas redes sociais e nos medios de comunicación e constará dun decálogo que axude a escoller o xoguete tendo en conta que existen uns xoguetes para nenos e outros para nenas, e tampouco cores (rosa e azul).
"Queremos un mundo libre e igualitario con xoguetes que faciliten a cooperación, que axuden a promover todas as capacidades e habilidades persoais, que non fomenten a rivalidade", declarou Carmela Silva.
Por suposto, xoguetes non violentos e que sexan divertidos, estimulen a curiosidade e o interese por investigar e descubrir.
Que a familia comparta imaxinación e tempo cos nenos, é sen dúbida, o máis divertido para os pequenos, pois o afecto e o apoio é o que máis desexan.
Relacionadas:
-
Este Nadal, a Deputación anima a agasallar xoguetes para xogar e soñar libres de estereotipos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Cara a cara con Ethan Wolf: Ser ou non ser (diferente), esa é a cuestión
Por Cristina Saiz & Marisa Ciordia |
-
Nin cociñas para as nenas nin ferramentas para os nenos, #regalaigualdade
Por Natalia Puga |
-
'Comecocos' para fomentar os xoguetes non sexistas
Por Natalia Puga |
-
O cantante de 'Aquí no hay playa' alerta en Barro das letras machistas en temas de éxito
Por Redacción |
-
A Federación de Anpas súmase á campaña "Por un xogo igualitario e non violento"
Por Redacción |