40 palilleiras amosan encaixes e bordados no Camiño Portugués
Por Redacción
Baixo o epígrafe de 'Encaixes e bordados no Camiño Portugués', o vestíbulo do auditorio do Pazo da Cultura acolle este venres 11, a partir das 19.00 horas, o acto de inauguración da exposición 'Camiños', que chega á súa sexta edición.
Esta mostra itinerante comeza o seu periplo en Pontevedra para despois trasladarse a Ponte de Lima e Barcelos.
40 palilleras das asociacións 'A Fieitiña' e 'Mar de fíos' de Pontevedra, ademais de artesáns do bordado de Barcelos e Ponte de Lima ofrecerán unha mostra dos seus traballos coa participación das pintoras Anxos Igrexas e Luz Lafuente, ademais do fotógrafo Xulio Gil.
O comisario desta exposición é o profesor Mario Galego Rey, experto internacional no encaixe de palillos.