Cinco persoas intoxicadas por inhalar o fume de brasas prendidas en maceteiros
Por Natalia Puga
Cinco persoas resultaron intoxicadas por inhalación de fumes na madrugada deste mércores nun piso da rúa Fernando Olmedo.
Segundo informaron fontes do Corpo de Bombeiros de Pontevedra, trátase dos cinco ocuptantes dunha vivenda que acenderan brasas en maceteros para quentarse.
Entre os afectados desta familia de orixe senegalesa atópanse un bebé e un neno.
Tiñan un macetero con brasas en cada habitación e todas as portas e fiestras da vivenda pechadas, de modo que se intoxicaron cos gases que desprenderon sa brasas.
O incidente produciuse nun quinto piso ás 1.20 horas. Segundo os bombeiros, o seu inervención consistiu en airear o piso, pois non había chamas en ningunha sala.
Segundo indicaron os Bombeiros, a alerta deuna nun primeiro momento o Servizo de Urxencias Médicas de Galicia 061 ao Centro de Atención de Emerxencias 112.
As cinco persoas intoxicadas foron trasladadas en ambulancia a un centro sanitario.