Un quinto premio do sorteo de Nadal reparte 5.760.000 euros en Sanxenxo
Por Diego Espiño
A administración de lotería situada na rúa Madrid de Sanxenxo repartiu 5.760.000 euros no sorteo especial de Nadal, celebrado este martes 22 de decembro.
Fíxoo grazas a un quinto premio ao número 89.023, agraciado cun premio de 60.000 euros á serie e 6.000 ao décimo.
En Sanxenxo vendéronse un total de 96 series.
Ademais o terceiro premio, ao número 05163, salpicou a Vilagarcía de Arousa, onde a administración da rúa Rei Daviña vendeu unha serie (500.000 euros), mentres en Paradela (Meis), o bar Casa Samuel repartiu participacións dun dos cuartos premios, o 71119, agasallado con 200.000 euros á serie.
Foron todos eles dos últimos premios en saír dun sorteo que ata ese momento esquecérase da comarca de Pontevedra, mentres en Galicia só se celebraron varios quintos repartidos por toda a comunidade.
En canto ao Gordo, fíxose esperar ata as 12:13 horas e foise integramente a Roquetas de Mar (Almería) grazas ao número 79140.
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara: Que os nenos de San Ildefonso vos canten a sorte!
Por Marisa Ciordia |
-
O Neno 'esquece' a Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
As caras que deixou a sorte ao seu paso por Sanxenxo
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
VIDEO.- Chuvia de euros na cafetería California, onde toma café Rajoy cando está en Sanxenxo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Na busca do Gordo
Por Redacción |