Todo queda entre chourizos
Por Natalia Puga
Hai sectores da sociedade que consideran que roubar para comer ten un compoñente delituoso de grado inferior a roubar para divertirse. A Policía Nacional de Pontevedra identificou este martes no hipermercado Carrefour da cidade a dúas persoas que combinan ambas vertentes. Unha furtou unha videoconsola Nintendo e outra unha bolsa de chorizos. Ambos deberán comparecer ante o Xulgado de Garda por un delito de hurto.
Segundo informou a Comisaría, os dous 'chourizos' foron identificados sobre as 16.05 da tarde do martes 22 de xaneiro. Os responsables do centro comercial alertaron da presenza de dous mozos, un home e unha muller, ambos os dous veciños de Pontevedra e con antecedentes policiais, aos que o vixiante de seguridade sorprendera cando pretendían saír da tenda con obxectos que non pagaran.
O home levaba unha videoconsola oculta no forro da chaqueta e un alicate que tamén colleran sin pertencerlles para forzar a caixa de plástico na que estaba gardado o obxecto roubado. A muller levaba a bolsa de chorizos. O valor de todos os obxectos alcanzaba os 199 euros e desde o centro comercial indicouse que unha hora antes alguén subtraera outra consola das mesmas características, pero descoñécese a autoría do hurto.
Os policías desprazados ao lugar identificaron a ambos individuos, ao que a muller reaccionou mantendo unha actitude hostil cara aos axentes, faltándolles ao respecto continuamente. Por iso formularon unha proposta para que sexas sancionada en virtude da Lei 1/92 de Seguridade Cidadá.