Belén Roca, unha marinense en Gran Hermano VIP
Por Redacción
Fíxose popular pola súa aparición no programa Mujeres, hombres y viceversa e esa primeira experiencia televisiva levoulle agora a converterse nunha das concursantes de Gran Hermano VIP, a versión con famosos do coñecido 'reality' de Telecinco.
Trátase da pontevedresa Belén Roca que, aos seus 28 anos, entrou este xoves na casa máis famosa da televisión española, a de Guadalix de la Sierra.
A moza, que vive actualmente en Currás -unha pequena aldea de Seixo (Marín)-, asegura que entra no concurso para gañar os 100.000 euros de premio que Telecinco reserva para o gañador. Aínda que recoñece que non será fácil xa que, tal e como afirmou no seu vídeo de presentación "tengo mucho genio y eso me va a dar algún que otro problemilla".
Tras definirse como unha moza "sexy, femenina y muy inteligente", Belén Roca afirma que a primeira vista non adoita caer ben. "No sé si será por mi físico o mi inteligencia, pero soy consciente de que no caigo bien cuando me conocen", explicou minutos antes de iniciar a súa aventura no concurso.
E como cartón de presentación, a pontevedresa presumiu de familia. "Camilo José Cela es primo hermano de mi abuelo materno", sinalou. Co premio Nobel só se relacionou cando era unha nena, pero asegura levarse ben cos seus irmáns.
Ademais, nas súas primeiras horas no programa, Belén Roca revolucionou as redes sociais co vestido que elixiu para a súa entrada no concurso. E é que unha cousa ten ben clara e é que Gran Hermano VIP, di, "es una experiencia que tengo muchas ganas de vivir, porque donde voy dejo huella". Para iso, promete, "no me voy a callar una, y lo voy a dar todo".
Se ten éxito no seu obxectivo, non volverá a casa ata dentro de tres meses
Relacionadas:
-
Catro pontevedreses concursan en Boom! para abrir un lugar de lecer que cubra o baleiro que ven na cidade
Por Marisa Ciordia |
-
O Grove, en 'Gran Hermano': Así é o modelo Miguel Vilas, un dos seus concursantes
Por Redacción |
-
Nutricionista, 29 anos e embarazada: Así é Lidia Folgar, a moza de Caldas que concursa en Masterchef
Por Alejandro Espiño |
-
De Bueu á casa de 'Gran Hermano': Hugo Pérez e a súa cabra, entran no popular concurso de Telecinco
Por Redacción |