Circula polo centro "en actitude sospeitosa", danlle o alto e confesa que non ten carné dende hai tres anos
Por Natalia Puga
A Policía Nacional detivo na madrugada do mércores ao xoves a un veciño de Pontevedra de 42 anos con antecedentes policiais que circulaba polo centro da cidade no seu coche co permiso perdido dende fai tres anos e sen seguro de circulación.
O detido foi trasladado á Comisaría Provincial da Policía Nacional detido por un delito contra a seguridade do tráfico e máis tarde foi posto a disposición xudicial. A Policía Local colaborou na intervención e inmobilizou o coche do arrestado cun cepo.
Os feitos sucederon sobre as 00.55 horas deste xoves 24 de xaneiro. Unha patrulla da Policía Nacional que realizaba tarefas de prevención da seguridade cidadá polas inmediaciones da rúa García Camba observou un vehículo circulando pola zona. No interior había un individuo "en actitude sospeitosa".
Os axentes procederon a darlle o alto para identificar ao condutor, aínda que este carecía de calquera tipo de identificación que acreditase a súa identidade. Ademais, el mesmo recoñeceulles que carecía do permiso de conducir tras habelo perdido o 17 de xaneiro de 2010. Non o renovou ata a data e o seu coche tamén carecía do seguro pertinente.