Marín sortea seis postos de venda ambulante en Seixo e acondiciona o aparcadoiro do Templo Novo
Por Redacción
Co obxecto de conceder seis postos vacantes no mercadillo de Seixo, o Concello de Marín convocou o procedemento para a adxudicación por sorteo público. O prazo finalizará o 5 de febreiro.
Os interesados teñen que estar dados de alta no epígrafe correspondente do I.A.E. e ao corrente no pago do referido imposto ou, en caso de estar exentos, estar dado de alta no censo de obrigados tributarios.
Tamén debe estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e ao corrente no pago das cotizacións e satisfacer as taxas e tributos establecidos para este tipo de venda.
Ademáis, entre outros requisitos, debe reunir as condicións esixidas pola normativa reguladora do produto ou productos obxecto de venda.
ACONDICIONAMENTO APARCADOIRO
Este xoves tamén se iniciaron as obras de acondicionamento da superficie habilitada para aparcamento arredor do Templo Novo de Marín.
O terreno atopábase en moi malas condicións debido ao paso do tempo, as chuvias e ao seu uso.