Moreira cualifica de "fomento do odio" as declaracións do alcalde na manifestación contra ENCE
Por Redacción
O portavoz do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, remitiu este sábado un escrito aos medios de comunicación para criticar as declaracións do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, na manifestación contra a prórroga da concesión a ENCE.
Lores sinalou que se o PP non rectifica os cidadáns "vanos a correr a gorrazos, politicamente falando", unhas palabras que non sentaron nada ben ao representante do Partido Popular.
Para Moreira estas palabras supoñen un "fomento do odio entre os veciños" que "merece todo o noso rexeitamento e a nosa enérxica condena".
"Un alcalde demócrata debe traballar por unir aos veciños do seu municipio, non por sementar o odio entre eles", sinalou o representante da oposición municipal, adviertiendo ademais que "despois nos lamentamos cando ocorren determinados feitos violentos"
Relacionadas:
-
Unha canción de amor para ENCE
Por Redacción |
-
O PSOE pide a comparecencia no Congreso da directora xeral de Mar pola prórroga a ENCE
Por Redacción |
-
Miles de persoas claman contra ENCE en Pontevedra: "A ría é nosa e non de Celulosa"
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Moreira: "ENCE ha conseguido lo que quería, ahora le toca a ellos trabajar por Pontevedra"
Por Alejandro Espiño |
-
O balcón do Concello volve falar: "Ence fóra da ría para sempre"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |