Aprobada a primeira fase de axudas da Deputación aos concellos para a contratación de traballadores
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou a primeira parte das subvencións do Plan Concellos 2016 para a contratación de traballadores que cubran as necesidades da administración local ao longo do ano.
Esta liña de axudas ascende a 4.960.201 euros nos primeiros 38 concellos da provincia beneficiarios, supoñendo un total de 729 contratacións.
Entre os primeiros municipios que reciben a axuda para a contratación atópanse Barro (16 empregos), Bueu (30), Caldas de Reis (8), Cambados (29), Campo Lameiro (24), Cotobade (13), O Grove (30), A Illa (13), A Lama (14), Meaño (19), Meis (8), Poio (30), Ponte Caldelas (14), Portas (10) e Vilaboa (20 empregos)
Noutro aspecto, as partidas de investimento e pagos de gasto corrente, Cambados recibirá 135.767,02 euros en concepto de gasto corrente, Poio 123.354,32 euros en pago de débedas e Meis 65.241,35 euros en pago a acredores.
SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS
Por outra banda, a administración provincial aprobou as bases para a concesión das primeiras subvencións a entidades e clubs deportivos para o deporte federado e para o deporte náutico, co fin de apoiar a súa participación en ligas e competicións de ámbito comarcal, provincial e autonómico.
A partida para o deporte federado ascende a 300.000 euros, mentres para as actividades de deporte náutico como vela, remo e piragüismo resérvanse 150.000 euros.
A concesión das subvencións realizarase a través dun procedemento de concorrencia competitiva e contan cun prazo para a presentación de solicitudes de 20 días hábiles a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Relacionadas:
-
Meis contratará oito novos traballadores durante nove meses
Por Redacción |
-
Piden un novo sistema de selección para os traballadores do plan de emprego provincial
Por Redacción |
-
Así reparte a Deputación 9 millóns de euros en menos dun mes
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas manterase á marxe do proceso de contratación do Plan de Emprego Provincial
Por Redacción |
-
A Deputación inviste máis de dous millóns de euros en 200 bolsas de emprego nos concellos
Por Redacción |
-
A Deputación destina un 20,5% máis de recursos para o fomento do emprego
Por Redacción |