O PSOE denuncia o abandono dos humedais da Xunqueira de Alba
Por Redacción
O grupo municipal socialista presentou no rexistro do Concello este martes 2 de febreiro unha moción para o próximo pleno na que reclama unha intervención urxente do Concello nos humidais da Xunqueiira de Alba.
Os socialistas, a través do seu portavoz na corporación Agustín Fernández, apuntou que a súa agrupación realizara un esforzo por esta zona ata o punto de que se converteu no primeiro espazo natural de interese local (ENIL) aprobado en Galicia. Fernández mostrouse crítico co goberno de Miguel Anxo Fernández Lores ao que reclamou maior atención polo medio ambiente e para evitar centrarse unicamente na situación de Ence.
A secretaria de Medio Ambiente do PSOE provincial, María del Carmen Casalderrey, que foi unha das impulsoras para que este espazo obtivese a consideración de ENIL sinalou que mentres a Illa das Esculturas se atopa coidada, a zona da Xunqueira foi abandonada e lembrou a importancia deste humidal para as aves e para a absorción de CO2.
Iván Pontes, concelleiro socialista, sinalou que na moción reclaman ao goberno local que xestione e conserve esta zona ao mesmo tempo que se lle insta a acometer traballos de limpeza urxente da maleza, ademais dunha retirada inmediata do lixo e de especies invasoras. Solicitan tamén a reparación do mobiliario urbano e do observatorio de aves, ademais da reconstrución da ponte de madeira do río Rons e no da ligazón co observatorio.
Os socialistas lamentaron que o concelleiro de Obras, Luís Bará, sinalase que estas intervencións non eran urxentes e piden que unha vez rehabilitada esta zona inclúese A Xunqueira de Alba como un espazo de limpeza regular.
Fonte: Youtube