A Brilat propón celebrar o seu desfile de aniversario polas rúas de Pontevedra
O xeneral xefe da Brigada de Infantería Ligera (Brilat), Luís Cebrián Carbonell, propón ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a celebración do desfile militar de conmemoración do seu 50 aniversario no centro da cidade. Sería a primeira vez que o acto co que a Brigada celebra cada ano o seu aniversario se celebrara polas rúas de Pontevedra e farase este ano porque se trata dos seus 50 anos.
A proposta inclúe tamén o desenvolvemento doutras actividades complementarias, como unha exposición de materiais ou un concerto con pasarrúas de bandas militares, todo co obxectivo de os pontevedreses poidan "asistir al acto libremente y mezclarse con la que es su brigada", declarou Cebrián Carbonell. Suporía que 'invadisen' o centro uns 2.200 soldados, o plantel actual da Brigada na base General Morillo de Figueirido.
Os actos levaranse a cabo no centro da cidade a principios do próximo mes de setembro, posiblemente durante o segundo fin de semana. No caso do desfile, trátase do tradicional desfile militar realizado o 7 de xuño na base de Figueirido, pero este ano non se poderá realizar nestas datas, debido a un exercicio militar da Alianza Atlántica en Polonia, no que participarán preto de 1.000 soldados da base. Ao atoparse fora de España, no podería celebrarse o desfile nas súas datas habituais e queda posposto.
Miguel Anxo Fernández Lores amosouse partidario da proposta do xeneral e manifestou que están "abertos á colaboración, e se eles necesitan espazos para facer actividades imos buscar a maneira de compaxinar todo e facelo posible". Así, barállase a posibilidade de situar os actos na Alameda ou en Montero Ríos, para que non interfira nin co tráfico nin co despregamento de operativos.
Relacionadas:
-
O xeneral Cebrián despídese da Brilat: "No sé si seré reconocido como pontevedrés de toda la vida, pero yo me siento"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Avanzan os preparativos para a celebración do 50 aniversario da Brilat
Por Redacción |
-
A Brilat repartirá sorte en 5,5 millóns de cupóns da ONCE no seu 50 aniversario
Por Natalia Puga |
-
A Brilat prepárase en Lugo como "punta de lanza" da OTAN con militares de Bélxica, Reino Unido, Portugal, Polonia e Albania
Por Redacción |
-
Parada militar da Inmaculada na Brilat coa ollada posta no que decida a OTAN
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
A Brilat celebra o seu 49 aniversario
Por Redacción |