Dimite o edil do PP que chamou "mala zorra" á presidenta da Deputación
Por Redacción
O concelleiro do Partido Popular de Moraña, Jorge Caldas, que chamou "mala zorra y sinvergüenza" á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou esta tarde a súa dimisión.
Nun comunicado remitido polo PP de Pontevedra, o edil confirma a súa "renuncia voluntaria" como concelleiro e tenente de alcaldesa neste municipio pontevedrés.
Jorge Caldas asegura que o comentario que realizou na súa "conta particular" de Facebook é "ofensivo" e "inadecuado" e sinala que "non se corresponde coa miña opinión persoal acerca da señora Silva".
O edil entende que esta expresión "inxustificada" e "inxustificable" non se corresponde cunha relación "lóxica" entre adversarios políticos.
En todo caso, Caldas lembra que o contexto no que se produciu este comentario foi o da "frustración" polas diferenzas xurdidas coa Deputación sobre a cancelación do rally Rías Baixas, aínda que reitera que esta "discrepancia" non xustifica o "insulto persoal que proferín".
Con este comunicado, o edil popular traslada de forma "expresa e sentida" o seu arrepentimento polo "erro" cometido e pide perdón á presidenta da Deputación.
Relacionadas:
-
O BNG de Moraña considera "bochornoso" o apoio de Luisa Piñeiro á "actitude machista" do alcalde de Vilanova
Por Redacción |
-
Carmela Silva, satisfeita pola reapertura do caso dos insultos machistas realizados contra ela
Por Redacción |
-
Presentan unha queixa ante o Poder Xudicial polo arquivo dos insultos a Carmela Silva
Por Redacción |
-
A presidenta da Deputación lamenta que "haxa mulleres que non se somen á loita pola igualdade"
Por Oskar Viéitez |
-
Unha xuíza de violencia de xénero ampara na liberdade de expresión chamar "mala zorra" á presidenta da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva non quere disculpas polos insultos porque "non son suficientes" cando se "agrede" a mulleres
Por Marisa Ciordia |
-
Os socialistas denuncian ante Fiscalía ao edil do PP que chamou "mala zorra" a Carmela Silva
Por Oskar Viéitez |
-
Un edil do PP de Moraña chama "mala zorra y sinvergüenza" a Carmela Silva en Facebook
Por Redacción | Creada e actualizada