Voluntarios europeos converten Noites Abertas nun evento internacional
Italia ou Grecia, entre outros, son algúns dos países de orixe dos voluntarios europeos que, a través do programa Erasmus+: Juventud en acción, colaboran este ano nas actividades de Noites Abertas, programa que ofrece máis de 300 actividades para mozas durante as noites de venres e sábado. Os voluntarios axudarán a levar o rexistro dos participantes, que o ano pasado chegaron case aos seis mil.
Jorge Pérez, coordinador en Pontevedra de Erasmus+, destaca que o voluntario "no sustituye un puesto de trabajo, lo que hace es mejorar las actividades donde ellos hacen su servicio". Así, este ano fíxose especial fincapé no proceso de selección, para poder involucrar a mozas con motivación que queiran colaborar. Desde hai xa algúns meses, os voluntarios levan traballando en diferentes actividades realizadas na cidade con asociacións como Amencer, Vai polo río ou Xoán XXIII.
Pero, por que facer tarefas de voluntariado? Para a recentemente chegada Francesca, de orixe italiana, esta iniciativa supón "una oportunidad increíble para formar parte de un proyecto público en una ciudad nueva". Unha moza grega en paro que reside aquí desde hai tres meses, definiuno "como una experiencia de vida".
Así de entusiasmados acudiron os seis novos voluntarios á recepción ofrecida polo Concello esta xoves. Nela estiveron presentes o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez.
Relacionadas:
-
Estudantes pontevedreses e franceses colaboran nun proxecto sobre benestar
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O lecer ten xénero
Por Oskar Viéitez |
-
Unha festa o sábado 30 poñerá o peche a Noites Abertas
Por Redacción |
-
ParaPara, Hiragana e Katacana, novidades na VI edición de Manga e Anime en Noites Abertas
Por José Alberto Graña Pérez |
-
Baile, clases de cociña ou 'quiddith' para unha primeira e animada fin de semana de Noites Abertas
Por Diego Torrado |
-
Mozos de toda Europa axudarán a manter o río Gafos limpo
Por Oskar Viéitez |
-
Grecia e Pontevedra, unidas durante nove días por un intercambio entre mozos
Por Alejandro Espiño |