A Praza de Abastos de Bueu acolle o mercado temático de Entroido
Por Redacción
O venres 12 e o sábado 13, a Praza de Abastos de Bueu acolle o primeiro mercado temático deste 2016: o mercado de Entroido, que incluirá obradoiros, degustacións, expositores, contacontos e charlas para todos os públicos.
Estará aberto de 10 a 14 e de 16 a 20.30 horas o venres, e de 10 a 14 horas o sábado.
Durante estes dous días, os asistentes poderán mercar produtos típicos do outono da man de oito expositores: A Bicha Panadería, Bodegas Lodeiros, A tenda da Gata, A despensa na terra, A Jata Pelexa Horta Eco, A Horta de Teodoro, Doces de Entroido e Obrador de Lamprea.
As actividades comezarán o venres ás 17.30 horas cun obradoiro/degustación infantil de chulas de bufeta, impartido polas praceiras Ángeles e Fita, e no que poderán participar ata 15 nenos de 5 anos en diante. Ás 19 horas o grupo "Polo correo do vento" será o encargado da sesión de contacontos infantil. Pola súa banda, o sábado ás 12 horas terá lugar a actividade estrela do mercado: un showcooking/degustación de cocido galego e sesión vermú da man de A Tenda de Gata e Bodegas Lodeiros.
Este mercado, ao igual que os restantes que se van organizar por parte da Concellería de Promoción Económica e Turismo ao longo deste ano, está subvencionado polo Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Relacionadas:
-
Bueu volve aprazar o seu desfile de entroido e entrega o premio do concurso de carteis
Por Redacción |
-
Bueu apraza o seu desfile de entroido ao domingo 14
Por Redacción |
-
A mellor comparsa que participe no 'Enterro do Paxaro de mal agoiro' de Bueu obterá 300 euros
Por Redacción |
-
Case 2.000 euros repartirá Bueu nos seus concursos do Entroido
Por Redacción |