Tres detencións por venta de drogas no entorno da praza da Ferrería
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra procedeu a detención de tres homes por un presunto delito contra a saúde, na modalidade de venta de drogas, no entorno da praza da Ferrería no marco dos operativos de vixianza nos espazos públicos.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía Local de Pontevedra, un deles foi detido en dúas ocasións: Unha no mes de decembro 2015 e outra ocasión no mes de xaneiro de 2016. En un dos operativos dos controis efectuados, a Policía Local de Pontevedra puido observar a venta indiscriminada a persoas de distintas idades, incluído a un menor (16 anos), de pastillas de trankimazin.
En total as sustancias intervidas, en pequenas doses, son aproximadamente 19 gramos de hachis, 8 comprimidos de tankimazin e aproximadamente 6 gramos de marihuana así como 192 euros en efectivo.
Dende o ano 2013 vense realizando controis específicos, por parte da Policía Local de Pontevedra, ante a reiterada alarma social, especialmente por veciños, na zona da praza da Ferrería e inmediacións sobre grupos de persoas que xúntanse, especialmente na fonte da Praza da Ferrería como nos soportais do edificio dos Sindicatos, por consumo e venta de sustancias de estupefacientes.
A longo do ano 2013, levou a cabo tres operativos na Praza da Ferrería co fin de erradicar un punto de venta e consumo de drogas, no ano 2014 continuáronse con estes operativos, ata en catro ocasións e na que se imputaron a seis persoas por tráfico de drogas.
Continuando cos citados controis, no pasado mes de decembro do ano 2015 e seguindo, practicamente todo o mes de xaneiro, a Policía Local de Pontevedra procedeu a detención de tres persoas por un presunto delito de tráfico de drogas.
Relacionadas:
-
Sorprenden ata catro veces a un home vendendo droga na Ferrería
Por Redacción |
-
O incendio dunha pota nun piso de Pontevedra destapa un invernadoiro comercial de marihuana
Por Oskar Viéitez |
-
Deteñen un mozo de Cambados por cultivo de marihuana en Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
Imputan seis persoas por un presunto delito de tráfico de drogas na Ferrería
Por Diego Espiño |
-
Dous imputados nun novo operativo contra o trapicheo no entorno da Ferrería
Por Redacción |
-
Localizan 0,5 gramos de cocaína un mozo e el confesa que ten 17,5 máis na casa e o calzón
Por Natalia Puga |
-
Denunciadas dúas persoas por venda de drogas na praza da Ferrería
Por Redacción |
-
Identifican seis persoas e imputan a dúas por trapichear no ámbito da Ferrería
Por Natalia Puga |
-
Imputan dúas persoas por vender haxix e denuncian outras cinco por posuilo e consumilo na Ferrería
Por Natalia Puga |