Louzán confía nunha solución política a "curto-medio prazo" aos afectados por preferentes
Por Oskar Viéitez
Un grupo de doce alcaldes pontevedreses de distinto signo político xunto ao presidente da Deputación, Rafael Louzán, reuníronse co presidente executivo de NCG Banco, José María Castellano, para demandarle á entidade que "axilice" a tramitación da vía da arbitraxe e que, "na medida do posible", facilite "máis e mellor información" aos afectados.
En declaracións aos medios, ao concluír o encontro Louzán indicou que espera que o acordo entre PP e PSOE para crear un comisión de seguimiento que decida o perfil de clientes de preferentes que poderá recorrer a arbitraxe, permita "estar diante dunha futura solución a curto-medio prazo" para os afectados pola comercialización deste produto.
Louzán cualificou de "satisfactoria" e "moi positiva" a reunión na que a entidade mostrouse "receptiva" e, en concreto, Castellano indicoulles a súa "maior disposición para encontrar solución a un maior número de afectados", según palabras do presidente provincial.
Rafael Louzán confía en que "nos vindeiros días" se axilicen os "casos pendentes con gravidade", coa finalidade de dar resposta a "unha porcentaxe moi importante" de afectados.
O banco abona 107 millóns por laudos a 5.009 clientes da provincia
Con todo, recoñeceu que "non todos poderán ter solución", en referencia a aqueles suscriptores de preferentes que teñan un perfil de inversores.
En Galicia xa se resolveron 13.000 casos de comercialización de preferentes, aínda que o 70 por cento de afectados por este produto en Pontevedra aínda non recibiron "unha solución".