Setecentos metros cadrados de cesións altruistas dos veciños mellorarán a actuación en Luis Rocafort
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo presume da súa "xestión exclusiva" que permitiu entregar "coa súa correspondente acta e posta a disposición da Deputación", de máis de 700 metros cuadrados de cesións altruistas dos veciños permitirán mellorar a urbanización da rúa Luis Rocafort.
A actuación nesta rúa, ademáis, incluirá a substitución das tuberías danadas na totalidade da estrada, dende o Paseo de Silgar ata a rotonda de Arnelas, "nunha única fase e sen intervalos".
O goberno local critica o grupo municipal do Partido Popular por ter "moi pouca vergonza para defender o proxecto previsto para Luis Rocafort tal e como o PP o deixou adxudicado, e permitirse falar de cesións ‘comprometidas verbalmente’, unha modalidade totalmente descoñecida na administración local" .
O goberno local asegura que o proxecto anterior interrumpía as beirarrúas donde non conseguiran os terreos, e agora haberá beirarrúas a ambos marxes da estrada e máis prazas de aparcamento.
Respecto do túnel baixo a rotonda de Arnelas, o goberno cuadripartito de Sanxenxo está convencido de que só se tratou dun "pretexto do Partido Popular para gañar tempo, un pretexto idéntico ao do parking subterráneo presentado por Rafael Louzán no ano 2009".
Relacionadas:
-
As obras de Luís Rocafort comezarán o 1 de marzo e interromperanse no verán
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación e o Concello de Sanxenxo selan o acordo para a reforma da Avenida Luis Rocafort
Por Redacción |
-
A urbanización completa da avenida Luís Rocafort sairá de novo a licitación
Por Oskar Viéitez |
-
A voltas coa avenida Luis Rocafort, o PP de Sanxenxo exerce de Santo Tomás
Por Redacción |
-
Carmela Silva asegura que o proxecto de Luís Rocafort non se axustaba ao Plan Xeral de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Estudan ampliar a toda a rúa a reforma prevista na avenida Luis Rocafort
Por Redacción |
-
Telmo Martín ve ao cuatripartito de Sanxenxo "despistado, superado pola realidade"
Por Oskar Viéitez |