Fanpa promove en Pontevedra unha festa para defender a educación pública
Por Oskar Viéitez
Será a primeira Festa do Ensino Público e a organiza a Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Pontevedra (Fanpa).
Vai ter lugar o día 23 de febreiro nos espazos do Mirador de Monte Porreiro, e desde a Fanpa convidan as familias e os centros educativos.
El presidente da Fanpa, Alberto Pita, e o vicepresidente, Jorge Pérez, afirmaron que o seu obxectivo é "facernos escoitar como Comunidade Educativa reivindicando claramente un Ensino Público de Calidade nunha xornada lúdica proposta dende as asociacións de pais".
"Cremos que todos xuntos, mestres, pais, titores, alumnos e toda a sociedade en xeral, debemos loitar con todos os instrumentos que teñamos á man para defender o que é un dereito de todos: a Educación".
"Debemos loitar con todos os instrumentos que teñamos á man para defender o que é un dereito de todos: a Educación"
Desde a Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Pontevedra sinalan que o Ensino Público ten graves problemas, e a situación vai empeorando progresivamente. Por iso pensan que non poden "ficar calados".
O Proxecto da Nova Lei de Educación, a reducción drástica de docentes, o incremento de alumnos por aula , a diminución de axudas para estudos, libros, becas... "Temos mil razóns para defender na medida do posible contra o descalabro do Ensino Público. Se non facemos o posible por paralo teremos en pouco tempo unha educación para ricos e una educación para pobres. Onde estaremos entón todos nós?. Ata agora nos manifestábamos os mestres por un lado e os pais por outro. ÿ hora de facernos ver todos xuntos".
Trala rolda de prensa de hoxe o seguinte paso será a mediados de febreiro coa colocación dunha pancarta na Ponte dos Tirantes co lema: "Por un Ensino Publico de calidade. Comunidade educativa de Pontevedra", na que estarán presentes representantes de ANPAS e representantes de Centros Educativos.
E o 23 de febreiro, a festa. Comezará as 16:00 horas comezará a xuntanza no Mirador de Monte Porreiro.
"Propoñemos facer unha marcha dende o Mirador pasando por a UNED, IES Luis Seoane, Escola Infantil, CEI Fina Casalderrey, CEP Marcos da Portela e regreso ao Mirador. Pódese facer en bicicleta, a pé, patins, patinete, cada un como desexe".
Arredor das 17:00 horas xogos populares, participación musical de alumnos e finalizarán cunha chocolatada.