Propoñen un referendum para que os veciños de Caroi e Aguasantas decidan se queren integrarse na Lama
Por Oskar Viéitez
O portavoz do PSdeG-PSOE na Lama, Enrique Vaqueiro pedirá un referendo no próximo pleno para que as parroquias de Caroi e Aguasantas decidan se queren continuar no novo Concello de Cerdedo-Cotobade ou se queren integran na Lama.
"É unha evidencia que os servizos municipais nesas dúas parroquias quedarán tocados, polo que cremos que os veciños deben de decidir onde queren quedar. A Lama queda moito máis preto e terán mellores servizos", afirmou Vaqueiro.
No seu argumento, o socialista apunta que "Caroi xa pertenceu á Lama hai 100 anos, agora poden volver cuns mellores servizos públicos".
O ALCALDE DA LAMA APLAUDE A FUSIÓN
Mentres tanto, o alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, felicitou aos seus homólogos de Cerdedo e Cotobade polo paso "valente" dado para iniciar o proceso de fusión dos seus municipios como "o camiño polo que teñen que transitar os concellos galegos pensando nun futuro con garantías e servizos para os cidadáns", manifestou o rexedor lamense.
Jorge Canda, que confesa non ter ningunha oferta de fusión para o seu municipio, sinalou que "de realizarse estudaríase en profundidade pensando sobre todo no benestar dos nosos veciños e en manter ou mellorar os servizos que desde a administración local se lles prestan ou se lle poden prestar no futuro".
Relacionadas:
-
O alcalde de Ponte Caldelas propón que se faga un estudo de viabilidade económica previo á fusión entre concellos
Por Redacción |
-
A Lama non quere a Caroi e Aguasantas
Por Redacción |
-
A fusión entre Cotobade e Cerdedo xera "desconfianza", segundo o PSOE, polo seu "escurantismo"
Por Alejandro Espiño |
-
O novo Cerdedo-Cotobade completarase en oito meses e terá a súa capital en Carballedo
Por Alejandro Espiño |
-
Cotobade e Cerdedo fusiónanse
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada