En busca de iniciativas para conciliar a vida familiar e laboral
O grupo municipal Ciudadanos busca formas para conciliar a vida familiar, laboral e de lecer dos pontevedreses. Para iso, conta coa colaboración de varias asociacións locais, entre elas a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) e Mulleres en pé.
Así, durante a mañá deste venres 4, María Rey, concelleira de Ciudadanos, xunto con Lucía Pedroso, presidenta de AJE-Pontevedra, e Carolina Hincapié, representante de Mulleres en pé, presentou un almorzo de traballo para o vindeiro martes día 8, coincidindo co Día Internacional da Muller.
O obxectivo deste acto informal consiste en tratar de sumar forzas e ideas para "organizar actividades que poidan gozar os nenos e as nenas cos seus pais e nais, e tamén cos seus coidadores", declarou a concelleira da agrupación laranxa; actividades que xa están a demandar os pontevedreses, explicou María Rey.
Lucía Pedroso manifestaba que é necesario desenvolver actividades deste tipo "máis a miúdo porque parece que só nos acordamos das mulleres o 8 de marzo". Ademais, tamén expuxo que se debe dar visibilidade aos grandes pasos que as mulleres foron demostrando.
A representante de Mulleres en pé, Carolina Hincapié, apoia a iniciativa realizada por Ciudadanos, porque entende que se carecen de moitas actividades para nais, pais e coidadores, nas que poidan tamén gozar cos seus fillos, e non só exercer o seu rol de pais. Deste xeito, pódese levar "unha educación aos nosos fogares e a nosa cidade en materia de igualdade de xénero", manifestou.
Este acto informal será ás 11.00 horas na cafetería San Francisco e espérase que acudan outras agrupacións municipais.
Relacionadas:
-
Ciudadanos promove o 8M en Pontevedra un "Eu concilio"
Por Marisa Ciordia |
-
O 54% das mulleres de Pontevedra encóntranse desempregadas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O PSOE homenaxeará o 8 de marzo ás milleiros de mulleres "invisibilizadas por adicarse a xestionar o fogar"
Por Redacción |
-
As políticas do PP adiantan o 8 de marzo: "Tenemos que luchar por que el lenguaje machista desaparezca"
Por Natalia Puga |
-
Marín acolle numerosos actos reivindicativos con motivo do Día da Muller
Por Redacción |
-
Carmela, Josefa, Susa e María del Carmen, protagonistas do 8 de marzo 2016 en Poio
Por Redacción |
-
As conquistas feministas, protagonistas dos actos do 8 de marzo