Barro e Carreteras del Estado buscan unha solución á falta de seguridade viaria da N-550
Por Redacción
O Concello de Barro busca con Carreteras del Estado, do Ministerio de Fomento, unha solución definitiva ao perigo que supón o cruzamento da N-550 coa rúa Areal que dá acceso ao tanatorio, no núcleo urbano de San Antoniño. Para avanzar neste camiño, este venres o alcalde, Xosé Manuel Abraldes, tivo unha reunión co xefe da Unidade de Carreteras en Pontevedra.
Segundo informa o Concello a través dun comunicado, existen diversas posibilidades para buscar solución a ese perigo. Nos vindeiros días serán remitidas ao Concello as solución técnicas que propón Carreteras para o seu estudo.
No transcurso da reunión tamén se tratou a necesidade de completar as beirarrúas da zona da farmacia, pois hoxe en día os peóns que transitan pola mesma deben baixar á beiravía ao non haber continuidade das existentes.
O Concello recorda que os problemas de seguridade vial do núcleo urbano de San Antoniño son unha preocupación constante dos veciños de Barro, sobre todo no citado cruzamento da N-550, pero en xeral das rúas do núcleo urbano e outros lugares do municipio.
Relacionadas:
-
O alcalde de Barro traslada á subdelegada do Goberno os problemas de seguridade na estrada N-550
Por Redacción |
-
Abraldes reitera a Fomento a necesidade de mellorar a seguridade viaria na N-550
Por Redacción |
-
Veciños de Barro demandan melloras de seguridade na N-550 ao seu paso por San Antoniño
Por Diego Espiño |