O bispo auxiliar de Santiago lerá o pregón que dá inicio á Semana Santa
Por Redacción
O Teatro Principal acollerá este luns o pregón da Semana Santa, que abre formalmente os actos programados pola Xunta coordinadora das Confrarías Penitenciales de Pontevedra, aínda que os actos centrais non se desenvolverán ata a penúltima semana de marzo, pois Xoves e Venres Santo serán lestes ano os días 24 e 25 de marzo.
A lectura será ás 20.30 horas e correrá a cargo do bispo auxiliar da Diocese de Santiago de Compostela, Jesús Fernández González.
Os actos previos á Semana Santa incluíron xa o pasado sábado 5 de marzo unha liturxia na Basílica de Santa María en memoria de todos os integrantes falecidos da Xunta e das Confrarías participantes na Semana Santa. Ademais, a organización está a preparar unha exposición cunha selección de carteis de diferentes Semanas Santas de toda España.
As diferentes confrarías da cidade están a ensaiar desde hai varios meses para preparar os pasos deste evento relixioso que resulta un atractivo turístico para a cidade.