Cine e fotografía para conmemorar o Día Internacional da Muller en Vilagarcía
Por Redacción
Vilagarcía prepárase para conmemorar mañá martes 8 de marzo (8-M) o Día Internacional da Muller, cunha serie de actos nos que predomina o contido audiovisual, con exposicións fotográficas e unha proxección documental. Comezarán o martes 8 e terminarán o vindeiro sábado 12.
Unha representante do Consello Local da Muller lerá o manifesto, co que iniciarán os actos para a conmemoración do 8-M. Terá lugar na entrada principal do Consistorio ás 12.00 horas do martes. Ese mesmo día ás 19.30 horas, exporanse os traballos realizados para a Maratón Fotográfica pola Igualdade no Auditorio Municipal.
Tamén será posible apreciar, dende este martes, os traballos realizados polos alumnos dos centros educativos do municipio na campaña 'Muller tiñas que ser', posta en marcha polo Centro de Información da Muller. O obxectivo consistía en investigar a labor das mulleres anónimas da súa familia, contorno ou vecindario que tiveran destacado en calquera ámbito.
Coa colaboración do Cine Club Adega, o xoves 9 ás 21.00 horas, proxectarase o documental 'Mulleres da Raia', na que se contará coa presenza da directora, Diana Gonçalves, quen departirá cos asistentes sobre temas relacionados coa muller. O filme detalla e analiza o papel que xogaron as mulleres do sur de Galicia e o norte de Portugal.
Finalmente, as asociacións e organizacións femininas de Vilagarcía organizarán, a través do Consello Local, a 'Cea da Muller' o sábado 12. Para asistir, os interesados deberan contactar con calquera das asociacións.
Relacionadas:
-
As mestras, homenaxeadas en Marín no Día da Muller
Por Elena Álvarez Quintá |
-
O 54% das mulleres de Pontevedra encóntranse desempregadas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Bueu homenaxeará ás costureiras do municipio con motivo do 8 de marzo
Por Redacción |
-
Carmela, Josefa, Susa e María del Carmen, protagonistas do 8 de marzo 2016 en Poio
Por Redacción |
-
As conquistas feministas, protagonistas dos actos do 8 de marzo