Comeza a Semana Santa coa lectura do pregón da man do bispo auxiliar
Jesús Fernández González, bispo auxiliar de Santiago de Compostela, diócese á que pertence Pontevedra, foi convidado para a lectura do pregón de Semana Santa este luns 7 de marzo no Teatro Principal. A invitación proveu da Xunta Coordinadora de Semana Santa, encargada de escoller ao pregoeiro todos os anos.
Así, Jesús Fernández explicou o significado desta Semana Santa a través dos nove pasos característicos da cidade do Lérez como, por exemplo, 'A entrada triunfal de Jesús en Xerusalén', 'A última cea' ou 'A flaxelación', entre outros.
Destacou tamén que a expresión máis grande da Semana Santa é a misericordia, que ten unha larguísima tradición na Igrexa, polo que constitúe unha actividade moi boa que continúe saíndo á rúa. Neste sentido, dirixiuse a ateos e agnósticos manifestando que Jesús de Nazaret tamén fala para eles sen deixarlles indiferentes.
Finalmente, adiantou que posiblemente Julián Barrio Barrio, Arcebispo da Diócese de Santiago, estaría presente nalgún dos actos da Semana Santa pontevedresa.
Relacionadas:
-
A 'Burriña' sálvase da choiva nun concorrido arranque da Semana Santa
Por Diego Torrado |
-
Palma ou oliveira para o Domingo de Ramos?
-
Os pasos do Bico de Judas e da Verónica, novidades da Semana Santa pontevedresa
Por Redacción |
-
O bispo auxiliar de Santiago lerá o pregón que dá inicio á Semana Santa
Por Redacción |
-
As confrarías prepáranse para a Semana Santa
Por Redacción |