Íñigo Errejón participará nunhas xornadas sobre o 15-M en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O número dous de Podemos, Íñigo Errejón, participará o próximo 12 de marzo nunhas xornadas sobre o 15-M en Pontevedra. Tamén están previstas as intervencións das deputadas de En Marea Yolanda Díaz e Ángela Rodríguez, tamén do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e do portavoz de Marea de Pontevedra, Luís Rei.
Nunha rolda de prensa celebrada este martes, o coordinador de Marea Pontevedra, Xoán Hermida informou que estas xornadas terán lugar no edificio sindical baixo o título "Das prazas ás institucións, o cambio avanza contigo".
Xoán Hermida destacou que estas xornadas "celébranse non marco do proceso de cambio que esta a vivir ou noso país tras as eleccións xerais, en pleno proceso de configuración dun novo goberno e as portas dunhas eleccións autonómicas clave".
Estas xornadas queren servir como punto de encontro para reflexionar conxuntamente sobre o camiño percorrido e as perspectivas de traballo futuro.
O secretario político de Podemos participará o sábado na mesa de clausura que leva por título "Patear o taboleiro galego para devolverllo á súa xente" e ademais de Errejón formarán parte deste debate o escritor e portavoz de Marea Pontevedra, Luís Rei, o escritor Antón Dobao, a concelleira por Ourense en Común, Ledicia Piñeiro; o alcalde da Coruña por Marea Atlántica, Xulio Ferreiro e a deputada de En Marea, Ángela Rodríguez 'Pam'. Será a partir das 19.30 horas do sábado.
A entrada será libre ata completar o aforamento.