Sanxenxo e cebolas para os estudantes austríacos
O IES Sanxenxo recibiu na Sala Nauta á vintena de estudantes austríacos que se atopan na localidade participando nun intercambio, acompañados de dúas profesoras do seu centro.
Os alumnos participaron este 11 de marzo nunha das múltiples actividades que lles esperan na súa estancia, que se prolongará ata o 21 de marzo, aproximadamente. Este intercambio permitiralles obter unha idea global da provincia e do municipio.
Sandra Fernández, apoiada por unha tradutora de inglés, incidiu en cuestións como o significado da bandeira e o escudo de Sanxenxo, pero tamén na importancia do turismo.
A concelleira mencionou tamén as grandes extensións dedicadas ao cultivo da cebola "un produto do que sentimos moi orgullosos e ao que lle dedicamos unha festa o 4 de setembro".
Despois da pequena charla informativa sobre o municipio os alumnos, acompañados dos seus compañeiros de Sanxenxo, partiron cara a Pontevedra co obxectivo de coñecer a cidade.