Pontevedra acolle a Gala da Camelia no Camiño
Por Redacción
Este sábado inaugurouse a "XII Gala da Camelia no Camiño" no Hotel Galicia Palace de Pontevedra e organizada pola Fundación do Camiño Portugués de Santiago e os Amigos do Camiño Portugués.
A exposición tivo un novo carácter "minimalista", xa que os Amigos do Camiño quixeron innovar e deixar o modelo clásico de exposicións da camelia.
Para iso combinaron as camelias con diversos obxectos segundo cada expositor, predominado o vidro, aínda que había outros deseños con pedras, cabazas, auga, cortiza ou elementos musicais.
Na inauguración presentouse tamén a camelia xapónica "Camiño Portugués de Santiago", cultivada por José Arán, o presidente de honra da Sociedade Española da Camelia. A camelia se trasplantará ao albergue de peregrinos "Virxe Peregrina de Pontevedra.
A gala contou unha vez máis coa colaboración da Asociación Artístico-Cultural de Pontevedra que achegaron as súas obras para a exposición presididos por Carmen Gago. Participaron así mesmo expositores da Asociación da Rocha Forte, de Braga, Guimaraes, Ponte de Lima e de cultivadores como Leonor Magariños e Antonio Moldes, Pilar Amaro, Gloria Lis e dos Amigos do Camiño.
Na inauguración e presentación da camelia estiveron presentes o presidente da Fundación e da Asociación de Amigos do Camiño Portugués Celestino Lores, acompañado polas concelleiras Anabel Gulias e Pilar Comesaña, así como de Jacobo Moreira.
Tamén estivo presente a deputada provincial Digna Rosa Rivas, así como o presidente da AEJ (Associação Espaços Jacobeus de Portugal). Domingos Carneiro e o presidente da delegación de Braga Antonio Devesa.