O alcalde de Portas e Salva o Tren reuniranse para abordar o proxecto da Vía Verde e o peche da estación
Por Redacción
O alcalde de Portas, Víctor Estévez Casal, respondeu á petición realizada a semana pasada polos membros da plataforma galega polo tren de proximidade Salva o Tren para manter unha reunión cos rexedores de Caldas, Portas e Vilagarcía e reunirase co colectivo este martes 15 de marzo ás 19.30 horas.
Segundo informou o colectivo, o alcalde citounos na casa consistorial e os membros de Salva o Tren explicarán a Víctor Estévez os motivos polos que é necesario recuperar na estación de Portas o servizo de trens rexionais con Vigo e amplialo cara ao norte con Vilagarcía e pediranlle que rectifique o proxecto de Vía Verde que presentou recentemente cos alcaldes de Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa.
Salva o Tren pediralle ao alcalde que rectifique e anule a súa participación na promoción da Senda e, ao mesmo tempo, retome a defensa da estación e do seu servizo en beneficio dos veciños de toda a comarca.
A plataforma solicitou as reunións cos tres alcaldes tras o anuncio de que promoverán un proxecto de Vía Verde sobre a desusada vía do ferrocarril Portas-Vilagarcía. Senten "ninguneados" polos tres alcaldes e queren achegarlles datos, razoamentos e argumentos de peso para contrarrestar os "propósitos propagandísticos" deste novo proxecto.
Relacionadas:
-
Salva o Tren alerta de que a Vía Verde supón "aniquilar" o desenvolvemento das comunicacións ferroviarias da comarca
Por Redacción |
-
Fomento informa de xeito favorable á Vía Verde na antiga liña do ferrocarril entre Vilagarcía e Portas
Por Redacción |
-
Salva o Tren reivindica a posta en servizo da estación do ferrocarril de Portas
Por Redacción |